A Carreira Botón de Ancla celebrará a súa IV edición

9 xuño 2022

A humanización da Avenida de Ourense supuxo unha mellora sustancial da mobilidade urbana do corazón da vila de Marín. Esta renovación, na que se investiron cerca de 800.000 euros, foi posible grazas á estratexia Marín Dusi, cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Agora, é o momento de desfrutar desta nova mobilidade, de conquistar este novo espazo urbano e, por iso, o Concello recuperará a celebración da tradicional Carreira Escolar Botón de Ancla, pero ampliando o seu percorrido á Avenida de Ourense.

O concelleiro de Deportes, Antonio Traba, e o de Urbanismo, Manuel Santos, presentaron esta mañá o cartel da actividade, que se desenvolverá o mércores 15 a partir das 10.00 horas e na que participarán cerca de 1.000 alumnos e alumnas dos centros educativos de Marín e do Colexio Juan Sebastián Elcano de Pontevedra, que sempre participa tamén.

A saída será á altura da baixada ao Parque Azul e os coles irán saíndo agrupados por cursos. Ás 10.00 horas, correrán 3º e 4º de Primaria; ás 10.40 horas, os de 5º e 6º; ás 10.40 horas, os de 1º e 2º da ESO e ás 11.00 horas, os de 3º e 4º da ESO.

O alumnado de Primaria irá ata a entrada da Escola Naval, onde estará esa primeira meta, e os de Secundaria bordearán as pistas da Escola para cruzar a segunda meta, que estará 50 metros máis adiante. Despois, todos quedarán nos xardíns da escola, onde se lles dará un avituallamiento e haberá inchables.

Tal e como explicou o concelleiro, a Carreira Botón de Ancla, da que será a súa cuarta edición, naceu en 2017 en colaboración coa Escola Naval, que cumplía naquel momento os 50 anos da súa instalación en Marín.

Desta vez, non será posible facer categoría de adultos, na que corrían os guardiamarinas, xa que o alumnado da Escola Naval está embarcado.

Unha remodelación urbana que mellora a mobilidade

Desde o Concello, lembran que a Avenida de Ourense é un exemplo de recuperación de espazo urbano para a cidadanía, conseguindo mellorar a mobilidade, crear novos itinerarios para bicicletas e anchear beirarrúas.

A seguridade peonil é especialmente desexable cando falamos de nenos e nenas pequenos e por iso con esta carreira “queremos aproveitar para mostrar como con esta obra avanzamos e seguiremos facéndoo na mesma liña”.

De feito, dentro do Marín Dusi e coa cofinanciación da Unión Europea, desenvolvéronse outros importantes proxectos como a remodelación do Paseo Alcalde Blanco ou o futuro Centro Socio Cultural, co que se reordenará toda a parcela da Praza de España.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies