A Finca de Briz converterase este venres 6 e sábado 7 de xuño no epicentro da
música e da cultura afrobrasileira coa celebración do Axé Bahía Fest, un evento
que combina obradoiros, actuacións musicais e espectáculos de percusión nun
entorno natural único. A concelleira de Festas, Marián Sanmartín, presentou o
evento xunto aos representantes da Batucada Axé Bahia, organizadora do festival.
Organizado co espírito de difundir as raíces do samba reggae, a capoeira e o axé
(que significa “enerxía vital” ou “boas virbacións” no idioma candomblé), o festival
reunirá artistas e formadores de prestixio nunha programación vibrante e diversa
para todos os públicos.
Venres 6 de xuño – Ritmo e formación
A xornada do venres comezará ás 19:00 h cun obradoiro de levantamento
impartido por Gabriel Macedo, seguido dun obradoiro de timbau e repique de
20:00 a 21:30 h. A noite pecharase cos ritmos contaxiosos de DjSü e Carlos Trini,
que animarán a pista ata a madrugada.
Sábado 7 de xuño – Festival a pleno rendemento
O sábado, o programa arrincará ás 10:00 h con dúas sesións consecutivas do
obradoiro de samba reggae, dirixido a todos os niveis. A partir das 15:00 h, a
música en directo e as batucadas tomarán Briz:
15:00 – Axé Bahía Batucada
15:45 – Batucada Os Percutores
16:20 – Concerto de María Eugenia e Banda
16:55 – Batucada Radical
17:30 – Associação CapoeirArte
18:05 – Exhibición de Gabriel Macedo
18:40 – Batucada Extretucada
19:15 – Banda Radical
20:55 – Agradecemento de Marcinha
A xornada rematará coas sesións de música electrónica e afrobeat da man de G
Rich DJ (21:00–00:00) e DJ Jorge Álvarez (00:00–03:00), garantindo unha
despedida por todo o alto desta festa multicultural.