Marín, azul e verde: a ADEAC premia a
xestión dos espazos naturais do litoral
da nosa vila coa declaración de
Sendeiro Azul do Viario de Praias

Marín, azul e verde: a ADEAC premia a
xestión dos espazos naturais do litoral
da nosa vila coa declaración de
Sendeiro Azul do Viario de Praias

A promoción turística da nosa vila ten un elemento diferenciador e único que se
revalorizará aínda máis nos próximos anos: o Viario de Praias. E non só se potencia
desde o Concello, senón que a ADEAC leva considerándoo desde hai varios anos
como Sendeiro Azul.
A unión que consegue este itinerario peonil, cunha parte tamén de senda ciclista,
de praias de Bandeira azul fixéronno merecedor deste galardón medio ambiental
nos últimos anos. Ata alí desprazáronse a alcaldesa, María Ramallo, e as
concelleiras Marián Sanmartín e Cristina Acuña, para izar a bandeira que
evidencia este distintivo.
“Sabemos que o noso Vial de Praias é un activo non só turístico, senón tamén
medio ambiental que debemos preservar, coidar e mellorar”, asegurou a rexedora.
Precisamente, nesa liña está prevista a actuación de mellora da mobilidade no
Vial, enmarcada no Plan de Sostibilidade Turística de Marín, financiado a través
dos fondos europeos Next Generation EU.
Os obxectivos deste proxecto serán a mellora integral do itinerario peonil-ciclista,
dotándoo de seguridade, conectándoo coa rede ciclable que se vén de facer no
casco urbano de Marín na Avenida de Ourense e mellorando, en xeral, todas as

barreiras de accesibilidade que hai nos accesos ás praias ao longo do trazado do
vial. A actuación completaríase coa colocación de aparcadoiros para as bicicletas.
Por outra banda, xa se levaron a cabo outros proxectos como a renovación da
iluminación naqueles puntos nos que aínda non había sistema LED, a pesar de
que gran parte do viario xa foi renovado neste sentido.

Anterior Doce establecementos ofrecerán as súas mellores creacións culinarias na V Ruta Marín Pincho a Pincho

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados