A licitación do servizo de limpeza de edificios dependentes do Concello, a piques de rematar

14 outubro 2021

O Pleno da Corporación deu luz verde esta tarde á proposta de adxudicación do contrato de limpeza de edificios e instalacións dependentes do Concello de Marín, unha licitación complexa a nivel burocrático e da que é o Pleno o órgano de contratación.

Tal e como explicou a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, xa en xaneiro foi aprobado no Pleno o inicio do expediente para a contratación deste servizo, “despois dunha longa elaboración dos pregos, que foron moi complexos, dado que se incrementou o coste de licitación de 400.000 euros ao 885.502,01 euros cada ano”, explica a concelleira. É dicir, que en total, sumados os catro anos de contrato, a licitación ten un importe global superior a 3,5 millóns de euros.

Este incremento débese a varios factores:

● Máis de 150.000€ debido á incorporación de novos espazos municipais que antes non estaban incluídas no prego: Galiña azul de Seixo e San Pedro, EEI do Grupo, ampliacións en instalacións deportivas (e limpeza en fins de semana), a Biblioteca, a Policía Local e os vestiarios, o Espazo de Emprendemento de Innovación Alimentaria do Parque Azul, o local social de Juan XXIII, a SACOA e os novos comedores escolares.
● Cerca de 100.000€ na limpeza dos centros educativos, que pasou de realizarse 1 limpeza a 3 ao día.
● Preto de 40.000€ co aumento de consumibles, sobre todo co lavado de mans, que supuxo un incremento de xabón e papel secamáns.
● Preto de 100.000€ para que se poidan actualizar os salarios cos novos convenios laborais, dado que este tipo de contratos non contemplan revisión de prezos.

Na reunión mantida pola Mesa de Contratación tras todo o proceso de licitación, detectouse que unha das empresas presentadas incurría nunha posible oferta desproporcionada, polo que desde a Mesa se consideraba que debía ser excluída.

A empresa presentou a documentación coa que pretendeu xustificar a súa proposta, pero tanto os informes do Servizo de Asistencia da Deputación como os da Secretaría municipal revalidaron que esta oferta tiña que ser excluida.

Así, o Pleno celebrado onte aceptou estos informes técnicos, propoñendo a exclusión da empresa, e propón para a adxudicación a OHL Servicios Ingesan S.A., por ser a oferta economónicamente máis vantaxosa para os intereses municipais e requerirlle a documentación xustificativa no prazo de 10 días.

A concelleira explicou que este trámite era importante para aclarar se se trataba dunha baixa temeraria realmente e, deste xeito, non aceptala, pois podería poñer en risco a prestación do servizo con calidade.

Unha vez OHL presente a documentación requerida e, se está todo correcto, levarase a adxudicación definitiva ao próximo Pleno.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies