Contacto | Tel.:986 88 03 00

A quinta edición do programa EmpregaMarín conseguiu un contrato laboral para máis do 60% dos participantes

O pasado 31 de novembro deuse por finalizado o V EmpregaMarín, o programa integrado de emprego que ofrece o Concello de Marín e que, de novo, repite con grandes resultados. Dun ano de duración (do 2 de novembro de 2018 ao 31 de outubro de 2019), o programa supón unha inversión de 250.000 euros, 200.000 dos cales son aportados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Nesta quinta edición do plan contouse, por primeira vez, con 100 persoas beneficiarias, o que supón 15 máis que no ano anterior. Destas cen, 60 foron homes e outros 40, mulleres. Delas, 66 conseguiron un contrato laboral, un dos cales desenvolveuse por seis meses no Reino Unido, nun centro de atención a persoas maiores.
Así, chegouse a contactar con 63 empresas e durante a duración do programa xestionáronse 112 ofertas, ás que foron enviados 249 currículos.
Con máis do 60% de inserción laboral garantido, o programa demostra, unha vez máis, o enorme éxito que ten e o útil que resulta para aquelas persoas que están na procura dun posto de traballo.
Precisamente é para eses perfís para os que está destinado o plan, para traballadores desempregados que estean buscando activamente emprego, de menos de 30 anos e con baixa cualificación.
Durante o programa, cada usuario realiza un mínimo de cinco accións individuais, que poden ser entrevistas de acollida, de orientación laboral, formacións para mellorar os métodos de procura activa de emprego, sesións nas que mellorar as habilidades sociais ou reunións de asesoramento e seguimento de proxectos individuais.

Sexta edición: novidades e grandes expectativas
A nova edición do EmpregaMarín xa arrancou a pasada semana, ca fase de preselección dos 100 usuarios do novo programa, que pasará a chamarse Programa Integrado de Emprego do Concello de Marín (2019 – 2020).
Desta vez, o perfil que pode optar a participar do programa amplíase, xa que teranse en consideración tamén aos parados de menos de 30 anos que teñan alta cualificación.
Por outra banda, a Xunta de Galicia ofrece este ano un incentivo económico que ata o momento se reducía ás axudas de desprazamento. Desta vez, cada acción do programa á que asistan os participantes seralles remunerada con cinco euros.
Cara a finais de ano, está previsto que xa estea configurada a lista dos 100 novos participantes desta sexta edición, que desde o Concello ven con moi boas expectativas, despois dos bos resultados de inserción laboral conseguidos este ano.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies