Andaina Parque Natural Monte Aloia.

Andaina Parque Natural Monte Aloia.

Data: domingo 8 de novembro de 2015.

Punto de saída e retorno: Praza de España, ás 09:30 h. Regreso entre as 15:00 – 15:30 h.

Lonxitude e duración: trátase dun percorrido lineal duns 5 quilómetros, cunha duración aproximada de 3 h., e dificultade baixa.
Visitaremos nesta xornada o Parque Natural do Monte Aloia, no concello de Tui, nunha andaina a través deste fermoso enclave onde a tradición, a historia e a natureza forman un conxunto de gran atractivo. Coñeceremos a enigmática Cama de San Xián, lugar de culto ancestral, que da conta da particular relixiosidade da cultura tradicional galega; percorreremos a muralla tardorromana, unha das máis grandes de Galicia; e tamén as mámoas de Chan Longa. Todo isto a través dunha paisaxe que fixo do Monte Aloia o primeiro parque natural de Galicia, co atractivo ademais dunhas inesperadas panorámicas sobre o río Miño. Unha mestura de rocha, auga, vexetación, historia e mitos que nos sorprenderán.

 

Lembrade levar roupa e calzado cómodo, tamén un chuvasqueiro aínda que se a previsión é de choivas persistentes a andaina se suspendería e trasladaría a unha nova data no mes de decembro

Anterior Curso de deseño de páxinas web.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados