Arranca a campaña de limpeza e roza dos camiños do rural en Arealonga

Arranca a campaña de limpeza e roza dos camiños do rural en Arealonga

28 marzo 2022

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, acudiu esta mañá até o lugar de Arealonga para comprobar o inicio da campaña de limpeza e roza dos viarios do rural, que todos os anos arranca de cara á época da primavera.

Para a realización destes traballos o Concello conta cunha brigada de rozas a pé da Fundación Juan XXIII que realizará os traballos nos camiños e viarios de paso estreito aos cales non pode acceder o tractor desbrozador do Concello.

A planificación dos traballos responde a criterios de necesidade, considerando o calendario festivo da localidade, a tempada alta de praias e a prevención de incendios.

Ademais dos traballos de roza manual e dos traballos co tractor municipal, o Concello contrata os traballos de roza mecánica en todos os viarios de titularidade municipal, debido ao crecemento rápido da vexetación na época primaveral e para garantir a seguridade viaria.

Esta liña de traballo facilita o contacto das persoas con discapacidade coa veciñanza de Marín e axuda a mostrar “porta a porta” as capacidades deste colectivo de poboación.

As zonas divídense do seguinte xeito:

ZONA 1: ABRIL E MAIO → Pedreiras, A Estivada, Arealonga, Pituco, Cañota, Pitanxo, A Laxe, O Carragal, Casal, Bravos, Viñas Brancas, A Raña e Outeiro

ZONA 2: MAIO E XUÑO → Zonas entre a liña de costa e a estrada PO-551, dende a Escola Naval ata a Praia de Lapamán: Portocelo, Barriada de Mogor, O Monte, Raposeiras, Aguete, A Gorita, Montecelo, Loira, Bouzón, Moledo, Teoira e Casás.

ZONA 3: XUÑO E XULLO → Resulle, Lameiro, Cabodevila, O Pazo, Igrexario de Ardán, Picotes, Malvido, Vilaseca, Xuncal, Xermade, O Con, Bexa, Soaxe, Seixo, A Brea, Castro, Porteliña, Cidrás, Aniñada, Sequelo, Sete Espadas, Cruceiro do Vento, Outeiro, Igrexario de Mogor e Bagüín.

ZONA 4: XULLO E AGOSTO → Carballal, Igrexario de San Xulián, Grela, Bouza, Pena, Caeiro, Coirados, A Roza, Vista Alegre, Macenlle, Moreira, Pardavila, Fixón, O Pozo, Cadrelo, O Pereiro, Silvestre, Troncosa, Esperela, Ruanova, Sobreiras, Ameal, Oubiña, Currás, A Torre, Cernello, Igrexario de Santo Tomé de Piñeiro, O Coto, Allariz, Miñán, Candóns e Pastoriza

LIMPEZA DE MONTES: XUÑO, XULLO, AGOSTO E SETEMBRO → Montes do Barrio
de Mogor, Monte Pituco, Monte Casal, Cruceiro do Vento, Monte Teixugueiras e Monte Castro da Subidá.

Anterior A Biblioteca recibe unha doazón de libros relacionados coa arte, a historia e o patrimonio do director do Museo de Bellas Artes da Real Academia de San Fernando

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados