A Biblioteca recibe unha doazón de libros relacionados coa arte, a historia e o patrimonio do director do Museo de Bellas Artes da Real Academia de San Fernando

24 marzo 2022

A concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, e o arqueólogo de Anta da Moura, empresa encargada da organización das Xornadas Blanco Freijeiro, Juan Castro, recolleron, xunto coa responsable da Biblioteca Pública Vidal Pazos, a doazón feita por José María Luzón Nogué.

Luzón é director do Museo de Bellas Artes da Real Academia de San Fernando, en Madrid, e foi un dos relatores que participou na última edición das xornadas adicadas á vida e traxectoria de Blanco Freijeiro, que tamén foi nomeado no 2021 fillo predilecto da nosa vila.

O director decidiu non cobrar a súa correspondente participación nestas xornadas, pedíndolle ao departamento de Cultura que investise ese diñeiro nunha doazón para a Biblioteca Pública.

“Non podemos máis que agradecer este xesto”, asegurou a concelleira, “xa que grazas a Luzón aumentamos os nosos fondos bibliográficos con títulos relacionados coa arte, a historia e o patrimonio arqueolóxico, moitos deles relacionados con temáticas que Blanco Freijeiro tratou nas súas investigacións”.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies