Marín consegue un aforro enerxético do 26% na Avenida de Ourense grazas á renovación da súa iluminación

Marín consegue un aforro enerxético do 26% na Avenida de Ourense grazas á renovación da súa iluminación

24 marzo 2022

A creación dunha vila mellor, cunha economía máis limpa e sostible, é un dos eixos sobre os que pivota a estratexia Marín Dusi, dentro da que se englobou o proxecto de humanización da Avenida de Ourense.

Este proxecto, no que se investiron 1,1 millóns de euros, contou coa cofinanciación do 80% do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea. Desa inversión, unha parte moi relevante se adicou á renovación de todos os puntos de luz que iluminan a principal arteria da nosa vila.

Segundo os datos acadados até o momento, na Avenida de Ourense conseguiuse colleitar un aforro enerxético do 26,7% con respecto á potencia instalada anteriormente.

Esta liña de renovación das luminarias para instalar tecnoloxía LED é unha prioridade para o Goberno local, que seguirá traballando a nivel público para acadar os estándares de eficiencia enerxética que esixe a Unión Europea.

Pero o aforro enerxético e a procura dunha economía sostible non só ten que ser unha liña de traballo no eido público, senón tamén a nivel doméstico. Por iso, o Concello se adherirá á Hora do Planeta que se celebrará a nivel global este sábado, 26 de marzo, unha convocatoria na que se fai un chamamento á cidadanía de Marín e de todo o planeta para facer un apagón e así reivindicar a necesidade de aplicar políticas e hábitos que teñan en conta a viabilidade medio ambiental da Terra.

No que respecta ao espazo público, apagaranse a fachada do Concello e a farola da Praza de España.

Charla informativa o mércores no Museo Torres

Precisamente, co obxectivo de explicar á veciñanza o aforro enerxético acadado na Avenida de Ourense co cambio das luminarias grazas á obra executada con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, e para dar consellos sobre como aforrar no ámbito doméstico, convócase unha charla para o mércores 19, ás 19.00 horas, no Museo Torres.

A responsable da Oficina ARI de Marín, Ibana Conte, será a encargada de ofrecer información útil e actualizada para aprender a aforrar enerxía no noso día a día na casa. Nun momento no que a enerxía está en plena suba de prezos e supón unha preocupación importantísima para as familias, “consideramos que é unha moi boa oportunidade para aprender que cousas sinxelas podemos facer para reducir o noso consumo e así acadar un doble obxectivo: aforrar económicamente e coidar o medio ambiente”, explican fontes municipais.

Unha liña de traballo que se estende a todas as actuacións do Marín Dusi

A importancia da eficiencia enerxética marca parte do traballo de todos os proxectos que a Unión Europea, a través do Fondoe Europeo de Desenvolvemento Rexional, aceptou confinanciar na nosa vila a través de Marín Dusi.

No caso da remodelación do Paseo Alcalde Blanco, a renovación de todas as luminarias tamén formou parte do proxecto e de cara á construción do Centro Socio Cultural o proxecto da infraestutura plantéxao como un edificio EECN (Edificio de Consumo de Enerxía Case Nulo).

Para iso, combinaranse instalacións de enerxía renovable con características arquitectónicas que minimicen o consumo enerxético. Ademais, todos os sistemas de servizo contarán cas certificacións enerxéticas máis altas posibles.

No que respecta á iluminación interior, utilizarase tecnoloxía de tipo LED con sistema DALI, que regula a intensidade luminosa en función da iluminación exterior.

Anterior O Lavadoiro da Fonte do Castiñeiro, na Porteliña, estrea nova imaxe despois da súa limpeza

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados