As entidades deportivas de Marín percibirán cerca de 45.000 euros cos que apoiar o seu labor

As entidades deportivas de Marín percibirán cerca de 45.000 euros cos que apoiar o seu labor

O Concello de Marín repartirá máis de 44.530 euros entre os clubs deportivos locais para fomentar a súa actividade e axudalos cos gastos que se derivan do seu funcionamento.

Esta liña de subvencións que se paga ahora, correspondente á anterior temporada, volverá saír para a próxima e servirá para cubrir gastos relacionados co funcionamento da entidade e os ocasionados pola actividade federada.

“Sabemos que o deporte base é fundamental e por iso temos unha aposta decidida pola súa defensa e polo apoio económico”, aseguran do Goberno local. Por iso, a estas axudas só poden concorrer entidades deportivas que figuren no Rexistro Municipal de Asociaciacións do Concello de Marín, para garantir que son clubs que desenvolven a súa actividade no noso municipio.

Con respecto ás subvencións que se pagan do ano pasado, o reparto quedou da seguinte maneira:

  • EF VILLA DE MARÍN: 3.431,73 €
  • LA PEÑA: 3.210,33 €
  • MARIN CF: 2.269,37 €
  • RÍTMICA AGARIMO: 1.549,82 €
  • DOM+: 4.372,69 €
  • CM TAMBO: 1.217,71 €
  • XIMN VILA DE MARÍN: 1.771,22 €
  • REMO RÍA DE MARÍN: 2.546,13 €
  • CB PEIXEFRESCO: 5.811,81 €
  • ATLETISMO SAN MIGUEL: 1.162,36 €
  • TAEKWONDO MATS: 4.538,75 €
  • RÍTMICA IN MARE: 1.494,46 €
  • XADREZ MARÍN: 639,00 €
  • PINARIUM: 2.214,02 €
  • RCM AGUETE: 3.210,33 €
  • TEAM THUNDER: 3.985,24 €
  • SANTOME: 110,70 €
  • XSM: 996,31 €

Como solicitar de novo as axudas para a próxima temporada

Tal e como se pode ver na memoria, as entidades que queiran volver concorrer a estas axudas, poderán facelo a partir da publicación das bases no BOP. A partir de entón terán un prazo máximo para presentar a documentación de 10 días hábiles.

Deberá facerse a través da sede electrónica do Concello de Marín, enchendo unha serie de anexos que se poden descargar na propia plataforma dixital.

Anterior A COVIÑA

2026 Concello de Marín. Todos los derechos reservados