As Escolas Deportivas sacan músculo nunha presentación repartida

As Escolas Deportivas sacan músculo nunha presentación repartida

10 septiembre 2021
A oferta deportiva municipal máis ambiciosa para a rapazada xa está de novo en
marcha. O programa de Escolas Deportivas Municipais foi presentado na tarde de
onte dun xeito un tanto diferente a como adoitaban ser as presentacións deste
programa outros anos.
Co obxectivo de cumprir coas limitacións da situación sanitaria, repartíronse as
exhibicións dos clubs entre a Alameda e o Parque Eguren, que se encheron de
deporte desde as 16.30 horas.
Remo, boxeo, waterpolo, tenis, vela, rítmica, judo, pádel, piragüismo, taekwondo,
bádminton, acrobática, BTT, pilater, triatlón, natación, atletismo, fútbol, fútbol sala
e baloncesto son as disciplinas que finalmente entran a formar parte do
programa.
Na revista que se repartiu onte e que se pode descargar directamente da web do
Concello poden consultarse os clubs que se encargan da organización de cada
unha das disciplinas deportivas dispoñibles.
Inscricións
Tal e como explicou o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, cada club será o
encargado de xestionar as inscricións, de tal xeito que o pago se realizará
directamente a eles.
O prazo para realizar as inscricións será do 13 ao 24 de setembro e as clases
comezarán a partir do 4 de outubro, de xeito progresivo.

Anterior Marín inicia os trámites para nomear a Blanco Freijeiro fillo predilecto

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados