A concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez, informou esta mañá desta nova, financiada con 454.552C por parte da Xunta de Galicia, e que chegará a 20 alumnos e alumnas que estean en paro durante 9 meses
Marín, 02 xuño 2026
A formación e a inserción laboral das persoas desempregadas son dous obxectivos fundamentais do Goberno local, que acaba de acadar unha nova subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración por valor de 454.552C, para impulsar un novo Obradoiro Dual de Emprego.
Este obradoiro, denominado “Concello de Marín II” beneficiará a 20 persoas, que durante 9 meses formaranse en dúas áreas de gran demanda laboral: cociña e atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
Este obradoiro é un programa mixto de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas de dezaoito ou máis anos de idade.
A concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez, destacou a importancia desta nova, “xa que é unha oportunidade boísima para seguir mellorando a implementación no mercado laboral de persoas que agora mesmo están sen traballar e queren buscar un novo futuro profesional”.
Unha das bondades do programa é o de conciliar tanto a formación teórica como as prácticas relacionadas co traballo a realizar, permitíndolle ao alumnado gañar destreza e aptitudes á hora de desempeñar tarefas.
As persoas participantes serán seleccionadas a través dunha oferta de emprego presentada nos Servizos Públicos de Emprego de Galicia e terán que cumplir os requisitos previstos para a formación do nivel 2, para o que deberán posuír o Título de Graduado en Educación Secundaria Obligatoria (ESO) ou equivalente.