As ONGs fan un moi bo balance da campaña do Nadal

15 xaneiro 2022

A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, mantivo unha reunión con representantes das ONGs da vila de Marín para analizar con elas a campaña do Nadal, así como a situación xeral a nivel asistencial no municipio, da que eles son tamén unha parte fundamental.

Todos coincidiron en facer un balance moi positivo das accións solidarias que se levaron a cabo durante as datas de Nadal, como as chocolatadas que ofreceron no Alameda nalgunhas dos días clave.

Por outra banda, Sanmartín quixo facer agradecer a SOS Marín “todo o tempo que estuvieron en activo, realizando un labor esencial”, un agradecemento ao que se sumaron o resto de entidades, que tamén colaboraron coa xa extinta ONG na reubicación das súas familias.

Precisamente, con respecto a este punto, realizouse un seguemento por parte do departamento de Servizos Sociais para comprobar cada caso e tamén aproveitouse para facer un repaso da listaxe de usuarios que hai en cada ONG, “xa que detectamos nalgúns casos duplicidades”, explicaron os representantes das organizacións.

Falta de voluntariado e relevo xeracional, os grandes problemas

Todas as asociacións apuntan, de novo, ao gran reto que teñen por diante: a falta de voluntariado, sumado á falta de relevo xeracional. “En xeral, a media de idade das persoas que están implicadas é elevado”, explica la concejala.

Desde o Concello, animan á cidadanía a que se achegue a estas entidades, que se involucre na solidariedade e descubrindo de que xeito se pode aportar un graíño de area, que, pouco a pouco, pode ser unha axuda esencial.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies