7 abril 2021
O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, supervisou esta mañá o avance dos traballos de desbroce que se están a realizar no rural, da man da Fundación Juan XXIII. Tal e como explicou o edil, os operarios están actuando na primeira zona e xa van “moi adiantados”.
Nesta primeira fase, actuarase nos camiños de PEDREIRAS, A ESTIVADA, AREALONGA, PITUCO, CAÑOTA, PITANXO, A LAXE, O CARRAGAL, CASAL, BRAVOS, VIÑAS BRANCAS, A RAÑA, OUTEIRO.
O resto de fases iranse facendo ao longo dos vindeiros meses. A planificación dos traballos responde a criterios de necesidade, considerando o calendario festivo da localidade, a tempada alta de praias e a prevención de incendios. Co fin de facilitar a comprensión do calendario de intervencións o Concello porá a disposición esta información na súa páxina web cando estea elaborada.
Ademais dos traballos de roza manual e dos traballos co tractor municipal, o Concello contrata os traballos de roza mecánica en todos os viarios de titularidade municipal, debido ao crecemento rápido da vexetación na época primaveral e para garantir a seguridade viaria.
O mapa co resto de zonas pode consultarse na web municipal.