Bando Cementerios 2025

Bando Cementerios 2025

É a nosa obriga como cidadáns/nas, que Marín teña unha boa presenza e ornato, aínda máis nas instalacións municipais e nesta época tan sinalada que trae a moitos visitantes ós cemiterios municipais de Marín. Con este obxecto a alcaldía do concello, por medio deste Bando sinala as disposicións seguintes para lembrar e establecer unhas pautas de comportamento que toda a veciñanza debemos cumprir e respectar.

1.- LIMPIEZA E DECORO DAS EDIFICACIÓNS. As/os propietarios dos panteóns, procederán á limpeza dos terreos, sepulturas e nichos e ó pintado dos panteóns que non se atopen nas debidas condicións estéticas e de armonización co resto dos panteóns do entorno, sempre poñendo en coñecemento das actuación a levar a cabo ó persoal encargado do cemiterio.

2.-ACTUACIÓNS DE LIMPEZA. Co obxecto de fomentar a limpeza e decoro dos cemiterios municipais, sinalar que as labouras de “mera limpeza, non requiren de ningún título habilitante municipal, esixido pola normativa urbanística, sempre que se ateñan ao disposto na Instrucción de 8 de novembro de 2017 relativa ao trámite de autorizacións en materia de patrimonio cultural nos bens inmobles catalogados e declarados de interese cultural, os seus contornos de protección das zonas de amortiguación, respecto ao seu Punto Terceiro, apartados a) e c):

“3.- Actuacións nos bens inmobles protexidos polo seu valor cultural que non precisan autorización previa en materia de patrimonio cultural:
a) A limpeza e retirada de po ou lixo depositada e non fortemente adherido, sempre que non requira de medios auxiliares que poidan comprometer a integridade do seu soporte.
c) A limpeza con técnicas non agresivas e sen afectar ó material de soporte existente. En calquer caso, prohíbense os chorreos de area sobre as fábricas de pedra vista, e os chorreos de auga a presión precisarán de autorización da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria”.

3.- HORARIO. A visita ó recinto poderá realizarse, respectando as normas establecidas ó efecto, durante o horario de apertura habitual, que os días 31 e 1 verase ampliado de 8.00 a 20.00 horas.

4.- NORMAS DE CONDUCTA. Dentro dos cemiterios municipais as/os usuarios e visitantes deberán manter en todo momento o respecto axeitado ós demais usuarios/as e visitantes así como ás características do recinto.

Anterior O Concello convocará un Pleno Extraordinario este venres para propoñer a Urbaser como adxudicataria do contrato de recollida de residuos urbanos

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados