Trátase dun dos cinco camiños nos que se está a traballar porque se atopaba en moi mal estado.
Marín, 15 maio 2025
O Camiño Fondo de Mogor xa mostra a súa nova imaxe despois dos traballos de pavimentación que se encargaron por parte do Goberno local. Este camiño súmase a outros cinco, cunha inversión total de máis de 46.000 euros, financiada por fondos propios.
O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, explica que se trata de actuar “en tramos que tiñan moi mal estado e que dan acceso a vivendas ou supoñen unha conexión entre núcleos”. Calcúlase que se beneficiarán 50 vivendas en total.