Ramallo recibe a Joel Santana, marinense Campión de España de Hexatlón
Ramallo recibe a Joel Santana, marinense Campión de España de Hexatlón

Ramallo recibe a Joel Santana, marinense Campión de España de Hexatlón

O xoven deportista, de apenas 15 anos, encara o verán con outro reto: o Campionato de España de Octatlón. A alcaldesa parabenizouno pola súa traxectoria e desexoulle moita sorte.

Marín, 15 maio 2025

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, recibiron este mediodía no Concello ao deportista marinense Joel Santana Martínez, que se proclamou campión de España de Hexatlón, e á súa nai.

O xoven deportista, que está a cursar 3º da ESO, compaxina os seus estudos cunha intensa programación de adestramentos diarios no club vigués no que se está a formar.

Tal e como lle comentou á alcaldesa, agora a súa vista está fixada na celebración do Campionato de España de Octatlón, que se desputará en Gijón, así como a competición galega.

A alcaldesa parabenizouno pola súa traxectoria, que supón un exemplo de traballo, implicación e perseverancia, e desexoulle moita sorte.

Anterior O Camiño Fondo de Mogor loce un novo aspecto despois da pavimentación

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados