O Concello traballa para conseguir unha nova residencia de maiores na vila, á par que se inician os traballos de reforma na actual
Fachada do Concello

O Concello traballa para conseguir unha nova residencia de maiores na vila, á par que se inician os traballos de reforma na actual

A consellería de Política Social xa iniciou os traballos de reforma integral do a residencia para adaptala ao novo modelo asistencial e mellorar a eficiencia enerxética do inmoble. Esta actuación chega o ano no que maior inversión municipal hai en asistencia social: 2.276.934,54 euros.

Marín, 24 maio 2025

A asistencia social é unha das áreas de xestión pública máis relevantes e na que o Concello de Marín está poñendo un foco especialmente intenso, tal e como se extrae dos Orzamentos deste ano, nos que se aumentou considerablemente o gasto nesta partida, superando os 2.275.000 euros.

Nesta semana vense de impulsar o expediente de contratación do contrato máis alto do Concello, o da nova xestión do servizo de recollida do lixo. E neste contexto a alcaldesa, María Ramallo, lembra que “a xestión do Servizo de Axuda a Domicilio é o segundo contrato máis relevante en canto a inversión orzamentaria” e é responsable e gran medida da partida que se pechou nas contas públicas deste 2025.

Así a todo, desde o Goberno local “somos conscientes da importancia de seguir dotándonos de novos servizos pensados para potenciar un modelo de envellecemento activo, que lle dea resposta ás necesidades da poboación de Marín”. “Por iso”, adiantou esta mañá a rexedora, “estamos tratanod de impulsar a construcción dunha nova residencia de maiores na vila, un espazo que permita a convivencia e a habitabilidade de persoas que precisen deste servizo”.

Trátase dun obxectivo común entre o Goberno local e o autonómico. “A Xunta de Galicia xa creu no proxecto que tiñamos de converter a primeira planta da Casa do Mar nun Centro de Día e sei que tamén está comprometida con esta posible nova residencia, na que seguiremos traballando para facela realidade”.

Pero, namentres, non hai parón. De feito, veñen de iniciarse as obras de reforma integral da actual Residencia de Maiores de Ezequiel Massoni, onde Política Social investirá 1,5 millóns de euros para realizar as adaptacións necesarias no inmoble que permitan implementar o novo modelo residencial actual, facendo, pois, unha reforma integral, que tamén conleve unha importante mellora de eficiencia enerxética.

“Todos os concellos debemos ir nesta liña de esforzo, impulsando novas unidades e espazos terapéuticos e garantindo uns Servizos Sociais de calidade, apostando por esa cofinanciación de programas como o SAF que, aínda que son enormemente costosos, son esenciais para a poboación e non deben senón mirar cara unha ampliación”, sostivo Ramallo.

Anterior Ramallo recibe a Joel Santana, marinense Campión de España de Hexatlón

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados