O CCA Estrela de Marín impulsa a campaña “Vive un Verán Estrela” para dinamizar o comercio local durante a época estival
Vive un Verán Estrela 2026

O CCA Estrela de Marín impulsa a campaña “Vive un Verán Estrela” para dinamizar o comercio local durante a época estival

A iniciativa combinará sorteos semanais, actividades de rúa e un sistema de fidelización con premios para incentivar as compras no comercio local.

Marín 27 de maio de 2026

O presidente do CCA Estrela de Marín, Antonio Muíños e a Concelleira de Turismo e Comercio Dª Cristina Acuña, presentaron esta mañá, a campaña “Vive un Verán Estrela”, unha iniciativa de dinamización comercial que se desenvolverá do 1 de xuño ao 11 de xullo nos establecementos asociados, combinando sorteos, actividades de rúa e accións de fidelización para incentivar as compras no comercio local.

A campaña inclúe o rexistro de tickets de compra para participar no sorteo de 6 tarxetas regalo de 50 euros, unha por semana, premiando así a confianza da clientela.

Ademais, contará con dúas citas destacadas de animación comercial. A primeira será a Festa Fin de Cole, o venres 19 de xuño, a partir das 17.00 horas, na Alameda Rosalía de Castro, cunha gran zona de lecer e actividades para o público familiar, que rematará cunha festa da espuma ás 20.30 horas no Parque Eguren.

A segunda gran acción será a Noite Estrela, o venres 10 de xullo, cando os establecementos participantes prolongarán o seu horario ata a medianoite, ofrecendo promocións e descontos especiais entre as 20.00 e as 00.00 horas, nun ambiente festivo con música nas rúas comerciais.

Como complemento, a clientela do Club de Fidelización Comercio de Marín poderá acumular puntos do 1 de xuño ao 31 de agosto para canxealos por agasallos promocionais de verán, reforzando así a compra recorrente e o uso da App Comercio de Marín. O catálogo estará disponible en: Catálogo de regalos | Comercio de Marín.

Con esta campaña, o CCA Estrela de Marín busca xerar máis movemento nas rúas comerciais, apoiar os establecementos da vila, premiar a fidelidade da clientela e facer do verán unha oportunidade para seguir fortalecendo o comercio local.

A campaña conta coa colaboración do Concello de Marín e o cofinanciamento da Xunta de Galicia.

Anterior A Finca de Briz acollerá unha nova edición do Axé Bahía Fest cunha fin de semana chea de música, danza e cultura brasileira

2026 Concello de Marín. Todos los derechos reservados