Conta atrás para o acendido das luces do Nadal

Conta atrás para o acendido das luces do Nadal

Este xoves, día 5 de decembro, a partir das 18.00 horas, a vila marinense acenderá o seu Alumeado de Nadal, que este ano conta con algunhas novidades, entre as que se atopa unha nova árbore colocada na Praza do Regueiro en colaboración ca Asociación de Amighos e Vesiños de Cantodarea e que dará a benvida aos que visiten a vila.
Este elemento será o primeiro que se acenderá ás 18.00 horas. Despois, media hora máis tarde, as decoracións da Alameda e da Praza de España encherán de cor e do espírito do Nadal o espazo público. Neste espazo está colocada unha gran caixa de agasallo, na que se poderá entrar para facerse fotos e gozar das luces.
O tradicional Belén estará ubicado na Praza da Capirota e se acenderá sobre as 18.45 horas, co acompañamento musical de Máis Cantos, que entoarán unhas panxoliñas. Finalmente, ás 19.00 horas, celebrarase a tradicional chocolatada popular na Rúa Fondo do Saco.
Toda a ornamentación lumínica está composta por bombiñas de tipo LED e poden verse diversos deseños, como os arcos con estreliñas da Avenida de Ourense, as figuras estreladas no entorno das parroquias, os círculos en Jaime Janer ou as figuras de anxiños en Concepción Arenal ou na Rúa da Estrada.
Pola súa banda, no Parque Eguren instalarase unha árbore navideña de 10 metros de alto tipo cono, recuberto cun tapiz de cor azul e con estrelas perfiladas, que contará cunha iluminación branca. Ademais, a programación de toda a época navideña será repartida en programas trípticos durante o acendido, onde se poderán consultar os días e as horas ás que serán todas as actividades programadas para estas datas, incluídos os horarios de apertura das carpas de actividades que se instalarán na Alameda e no Parque Eguren. A programación tamén se poderá consultar nos mupis situados nestas dúas localizacións.

Anterior O CIM impulsa unha campaña de sensibilización polo Día Mundial da Sida

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados