Dous plátanos da Alameda, retirados por presentar mal estado e estar en risco de caída
Dous plátanos da Alameda, retirados por presentar mal estado e estar en risco de caída

Dous plátanos da Alameda, retirados por presentar mal estado e estar en risco de caída

Tamén mantiveron unha reunión coa concelleira Marián Sanmartín de cara á campaña de Nadal, na que se lles repartirán 8.000 euros a maiores

Marín, 22 abril 2026

O Concello de Marín procedeu no día de hoxe á retirada de dous exemplares de plátano de sombra (Platanus x hispanica) situados na Alameda, tras confirmar a súa perigosidade e o seu deficiente estado sanitario.

Esta medida preventiva tomouse despois de solicitar un un informe técnico á Estación Fitopatolóxica Areeiro (Deputación de Pontevedra), cuias conclusións desaconsellaron o mantemento das árbores polo risco que supoñían para a seguridade cidadá, instando á súa retirada.

Segundo os estudos realizados polos técnicos, os exemplares presentaban problemas estruturais e sanitarios graves que comprometían a súa estabilidade. A madeira aparecía degradada, detectouse presenza de fungos xilófagos (que producen podremia) e había risco de caída de polas secas de gran tamaño.

O goberno local subliña que a prioridade absoluta é garantir a seguridade dos veciños e usuarios deste espazo público tan utilizado, por iso en aras a evitar calquera incidente, esta mañá procedeuse á retirada de ambos exemplares.

Anterior O IES Chan do Monte acolle un acto de promoción da nova aplicación de mobilidade MoBT para pagar con tarxeta no bus

2026 Concello de Marín. Todos los derechos reservados