A nena que quería navegar

A nena que quería navegar

A nena que quería navegar
Mapa Dispoñible

Apertura de portas ás 18.00h

O comercio e a cultura dánse a man grazas á campaña extraordinaria “Que é un comercio”, organizada por Estrela de Marín. O seu colofón será esta obra de Redrum Teatro, “A nena que quería navegar”, unha comedia para público familiar onde coñecemos a unha nena que está farta de ser o centro de todas as mofas e que decide trazar a súa propia aventura da man de Xeadeiro, un ser máxico que lle devolverá a autoestima perdida e que lle ensinará que só crendo e nós seremos capaces de acadar todo o que nos propoñamos. Un espectáculo optimista, colorista, emocionante, reflexivo e festivo no que se mesturan distintas disciplinas como os monicreques, o teatro de obxectos, as vídeo proxeccións e a música en directo.

Finalista nos XXI Premios María Casares como Mellor Espectáculo Infantil e Mellor Vestiario.

Entradas

As entradas serán gratuítas e exclusivas para clientes do Club de Fidelización Comercio de Marín, con reserva previa a través de Ticketrona e ata completar o aforo.

2026 Concello de Marín. Todos os dereitos reservados