Proxección de “Sempre Xonxa”
Xornadas arredor da figura de Chano Piñeiro
A Asociación Marín de Cine organiza estas xornadas para poñer en valor a obra e o legado de Chano Piñeiro, figura esencial do audiovisual galego.
Dúas xornadas de cine, análise e coloquio para achegar ao pública dúas das súas películas máis recoñecidas, da man de profesionais do audiovisual e cunha participación aberta e activa.
O evento será o Salón de Actos da Biblioteca Municipal de Marín. A entrada será libre ata completar o aforo.
Horario
20:00 h – Proxección do filme.
Sempre Xonxa (1989)
21:30 h – Encontro e Coloquio.
Conversas arredor do traballo de Chano Piñeiro e o seu legado no audiovisual galego actual.
Intervención: Uxía Blanco (Actriz protagonista de Sempre Xonxa)
Severiano Casalderrrey (Crítico cinematográfico e membro da Academia Galega do Audiovisual)
Compartirán visións, lembranzas e reflexións sobre o director e a súa obra.