Instalada unha nova marquesiña no “Cruce do Paraíso”, en Coirados
Instalada unha nova marquesiña no “Cruce do Paraíso”, en Coirados

Instalada unha nova marquesiña no “Cruce do Paraíso”, en Coirados

Dáse por fin resposta a unha gran demanda da cidadanía da zona, pola gran cantidade de persoas maiores e escolares que collen nese punto o transporte público

Marín, 30 outubro 2025

Gran paso para a mellora da seguridade viaria e o fomento do uso do transporte público na vila. Hoxe durante a mañá procedeuse á colocación dunha nova marquesiña no coñecido como o “Cruce do Paraíso”, en Coirados, resolvendo así unha gran demanda da cidadanía.

O Concello, coñecedor da necesidade de instalar este elemento no cruce da estrada PO-313 e a EP-0019, realizou a petición á Xunta de Galicia, que é a que ten competencias nesta materia, despois da xenerosidade dun particular, que cedeu o terreo xa que non había outra ubicación alternativa en terreo público.

Esta marquesiña era moi necesaria polas persoas usuarias pola gran cantidade de maiores e de escolares que usan o transporte público ou o do cole, incluíndo neste caso dous con mobilidade reducida.

Coa situación que había ata o momento, coller o bus era perigoso especialmente nos días de choiva, xa que os usuarios tiñan que resgardarse baixo un soportal da marxe contraria e cruzaban ao vir o autobús nunha zona sen paso de peóns.

Así, desta forma e desde hoxe, resólvese un problema de seguridade viaria a todos os niveis e mellórase a calidade de vida da veciñanza de Pardavila.

Anterior Avanza a redacción do Plan Especial de Protección, co inicio da participación pública

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados