Máis de medio centenar de inscricións para participar no I Concurso de Decoración de Nadal

Máis de medio centenar de inscricións para participar no I Concurso de Decoración de Nadal

O día 11 remata o prazo para inscribirse e participar no I Concurso de Decoración de Nadal do Concello de Marín, que pretende promover a creatividade durante o Nadal na nosa vila, potenciando o ambiente nesta época do ano, especialmente neste momento tan duro que estamos a atravesar e no que precisamos sentir esperanza e ilusión polo futuro.

Poderán participar no concurso vivendas unifamiliares, comunidades de propietarios de edificios, hostalería, comercios e/ou negocios que estean ubicados no termo municipal de Marín.

O venres será o último día que se poida presentar o documento de inscrición, que se pode enviar ao mail concursos@concellodemarin.es ou presentar pola sede electrónica do Concello.

A decoración deberá estar exposta dende o 11 de decembro de 2020 ata o día 7 de xaneiro de 2021.  Os adornos teñen que ser típicos de Nadal e a zona elexida para ser decorada ten que ser totalmente visible dende a vía pública.

O 14 de decembro remata o prazo para enviar as tres fotos a ese mesmo email antes referenciado e que servirán ao xurado para deliberar.

En total, tal e como informou esta mañá a concelleira de Festas, Marián Sanmartín, recibíronse máis de 50 inscricións: 13 de vivendas unifamiliares, 12 para ventas ou balcóns, 9 para comunidades de vecinos e 23 para comercios, negocios e hostalaría.

Premios

Nas categorías de comercio e hostalaría, escolleranse as dúas mellores propostas. Os primeiros premios serán de 300 euros cada un, e os segundos, de 200 euros cada un. Para cada unha das subcategorías de vivendas, haberá ademais un 3º premio de 100 euros. A maiores, realizarase un sorteo de 100 euros entre todos os participantes (sen contar aos gañadores de cada categoría).

O xurado do concurso estará composto pola alcaldesa do Concello de Marín ou nun delegado que ela designe, por un representante da Concellería de Festas, da de Cultura e da de Comercio, e dous representantes da veciñanza de Marín.

Algúns dos criterios que se valorarán serán que os adornos conteñan motivos alusivos ás festas de Nadal, boa iluminación de tipo LED, orixinalidade e singularidade na proposta e, de xeito especial, valorarase que as decoracións utilicen material reciclado.

O fallo do xurado realizarase o luns día 28 de decembro de 2020 e será inapelable.

 

Anterior A "Semana da Solidariedade" de Marín creará sinerxias entre os centros educativos e as ONGs

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados