11 setembro 2021
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, e o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, achegáronse esta semana ao lugar de Malvido para comprobar a instalación do novo alumeado público exterior, unha actuación que supoxo a renovación total de todo o cableado, ademais da incorporación de 18 novos postes de apoio.
En total, substituíronse 71 luminarias por bombillas LED de baixo consumo, que redudarán nunha mellora do aforro enerxético e do coidado do medio ambiente.
Tamén é importante destacar que con este proxecto se conseguiu avanzar na mellora estética da infraestrutura luminaria, algo polo que tamén apostamos desde o Concello, loitando contra o deterioro e mellorando a integración paisaxística do alumeado.
A inversión total foi de 46.000 euros coa cofinanciación da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia.