Mantemento das prazas de aparcamento e extensión da Zona 2H

Mantemento das prazas de aparcamento e extensión da Zona 2H

O Concello traballará coa Xunta de Galicia para modificar o proxecto de Rúa da Ponte, de tal forma que se manteña a liña de estacionamento actual, que seguirá estando regulado pola Zona 2H. Así o acordou onte o Concello xunto coa veciñanza e os comerciantes na reunión convocada polo Goberno local e que tivo lugar no Museo Municipal Manuel Torres onte.

O sentir da veciñanza e do comercio é de manter os estacionamentos cos que actualmente conta a rúa. A alcaldesa explicou que aínda estamos nunha fase na que o proxecto se pode modificar e polo tanto adaptar á opinión maioritaria.

Polo tanto, “melloraremos igualmente Rúa da Ponte porque é unha das nosas rúas máis céntricas e comerciais e merece unha renovación, porque tanto as beirarrúas como a calzada están en moi mal estado”, explicou a rexedora, que á vez recalcou que “se mantemos os aparcadoiros, o ancho das beirarrúas seguirá sendo o mesmo, polo que trataremos de cumplir coa accesibilidade e a mellora da seguridade viaria e peonil, pero co trazado da rúa tal cal é”.

Paralelamente, ampliarase a Zona 2H á Rúa Exército e Marina, tal e como solicitara nunha reunión previa a Asociación de Comerciantes Estrela de Marín e estudarase outra das súas propostas relativas a este sentido: a súa aplicación en Dr. Touriño Gamallo.

Ademais, deixouse claro por parte do comercio o apoio total a que o Concello siga dando pasos no proxecto do parking subterráneo do Parque Eguren, unha obra que dotará á vila dunha infraestrutura de pago con máis de 200 prazas dispoñibles.

Finalmente, o Concello comprometeuse a seguir buscando parcelas polo entorno de Ponte Zapal para conseguir novos aparcadoiros públicos gratuitos que sigan aportando prazas de estacionamento. Ramallo recordou durante a reunión que nos últimos 12 anos, fronte ás menos de 276 prazas eliminadas coa mellora de rúas en Marín, creáronse 782 cos parkings do centro urbano (non contando nin o da Raña nin o do Carballal).

Tamén o Goberno local explicou que se mellorará o deterioro do firme do aparcadoiro de Ponte Zapal en canto a chuvia dea unha tregua para poder levar adiante estes traballos.

Enquisas activas para coñecer a opinión de Marín

O Concello lanzou tamén onte dúas enquisas para tratar cuestións relacionadas coa situación actual do comercio local, os estacionamientos, as tendencias de consumo  e  as  propostas  de  mellora  vistas  desde  dous puntos de vista: a dos comerciantes e a dos cidadáns.

As enquisas estarán abertas a través das seguintes ligazóns e o Concello fai un chamamento a que as cubra o maior número de xente posible, co obxectivo de acadar conclusións relevantes:

Anterior O Concello aposta pola mellora dos espazos municipais que xa existen

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados