O concello de Marín segue a preparar os areais de cara o verán, se primero foron os cambios das barandillas de madeira e arranxos das pasarelas, ou a instalación de novos accesos, como o da praia da Riveira Pequena, esta vez tocoulle á renovación das duchas, nas que se intentou buscar un diseño que encaixe co entorno e a vez sexa práctico e de fácil uso, e que á vez sexan resistentes de cara a previr os actos vandálicos, aínda que nada é o suficientemente resistente cando se quere facer mal.
Ademáis, despóis de subsanar o vertido que tivo lugar estes días, na praia de Aguete, motivado por un problema na bomba que ocasionou un atasco na impulsión do bombeo, substituíndo a bomba, por outra de maior tamaño e capacidade, para previr os imprevistos das fortes chuvias, e que teña capacidade suficiente.