Marín acenderá o seu Nadal o 2 de decembro

Marín acenderá o seu Nadal o 2 de decembro

O Nadal xa se respira en Marín, coa colocación do alumeado e as estacións decorativas que fan chegar toda a ilusión e a maxia destas datas aos distintos puntos do termo municipal. Esta mañá, as concelleiras Marián Sanmartín e Cristina Acuña presentaron a imaxe do Nadal deste ano da vila e a programación, que inclúe todo tipo de actividades e eventos para toda a familia.

O día 2 de decembro será o pistoletazo de saída co acendido do alumeado de Nadal ás 18.30 horas, pero a maxia comezará antes, a partir das 17.30, coa inauguración das rutas do Tren de Nadal na Alameda. Este servizo estará dispoñible  nas  seguintes  datas:  do  2  ao 4, do 8 ao 11, do 16 ao 18 e do 22 de decembro ao 4 de xaneiro, en horario de 11.45 a 13.30 e de 17.15 a 21.00 horas.

Tamén abrirase a feira de Artesanía de Galicia nas casetas que xa están habilitadas na Alameda, unha actividade que poderá visitarse ata o 11 de decembro, en horario de 11.30 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas. Ás 18.00 horas, ademais, antes do acendido, as ONGs organizarán a súa xa tradicional chocolatada solidaria. E finalmente, para rematar a tarde, ás 20.00 horas o Ateneo Santa Cecilia organiza no Museo unha conferencia a cargo de Manuel Villanueva.

Anterior As Xornadas Blanco Freijeiro volven pechar una edición exitosa

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados