Marín convoca un Grupo de Acción Urbana para presentar o PMUS

Marín convoca un Grupo de Acción Urbana para presentar o PMUS

14 febreiro 2022

O Plan de Mobilidade Urbana Sostible será debatido e comentado no próximo Grupo de Acción Urbana que o Concello de Marín convoca para o 24 de febreiro, ás 19.00 horas, no Museo Manuel Torres.

Ta e como explican desde a administración local, a convocatoria está aberta a toda a cidadanía que teña interese en coñecer os pormenores do plan que se está a elaborar e que servirá de folla de ruta para as actuacións futuras na vila de Marín en materia de urbanismo, mobilidade e mellora e optimización do espazo público.

Para acudir será preciso inscribirse previamente no seguinte enlace:
bit.ly/GauMarin

Esta presentación contará ca intervención da alcaldesa, María Ramallo, que exporá cales foron os cauces institucionais que houbo que poñer en marcha para a elaboración do PMUS e cales son os obxectivos do Goberno local de cara á construción do Marín que queremos.

Tamén intervirá un dos técnicos da empresa Proyestegal, que é a encargada de redactar este plan de mobilidade, que se enmarca dentro da estratexia Marín Dusi, cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea.

Anterior O compromiso do Concello coa dixitalización documental levou a catalogar 300.000 imaxes desde 2019, coa vista posta no proxecto “A memoria do pobo”

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados