Marín xa recibe os novos colectores de recollida de roupa
Roupa reciclada

Marín xa recibe os novos colectores de recollida de roupa

A empresa Arroupa, gañadora do lote da adxudicación do servizo de recollida de residuos correspondente ao téxtil, colocará 30 novos elementos para este fin

Marín, 29 xaneiro 2026

O Concello de Marín vén de recibir os novos colectores destinados á recollida selectiva de roupa, unha iniciativa que supón un novo paso na mellora da xestión dos residuos e no fomento da economía circular no municipio, tras a adxudicación do lote 1 do novo contrato de RSU.

A empresa Arroupa, adxudicataria deste lote correspondente ao residuo téxtil, será a encargada de instalar un total de 30 novos colectores repartidos por distintos puntos do termo municipal. Estes elementos permitirán á veciñanza depositar roupa e téxtiles usados para a súa reutilización ou reciclaxe, evitando así que rematen no colector de resto.

De maneira concreta, estas serán as localizacións:

  • Marqués de Valterra
  • Concepción Arenal 93, 142 e 172
  • Sagrada Familia, 1
  • Avda. da Cañota, 4
  • Camiño dos Sapos
  • Avda. de Exército e Marina
  • Jaime Janer 22, 93
  • Ezequiel Massoni 4, 24 e 58
  • Rúa Recamán, 26
  • A Pena (San Xulián)
  • Barriada de Mogor
  • Carretera do Campo, 34 (Seixo)
  • Ángel Araujo Escribano (Seixo)
  • Moledo, 105 (Ardán)
  • CEIP de Ardán
  • O Igrexario (Santomé de Piñeiro)
  • Francisco Landí Pazos, 2 (Centro de Saúde)
  • República Arxentina, 14
  • Avenida de Ourense, 23
  • Avenida de Avelino Montero Ríos
  • Gago de Mendoza, 147 (Aguete)
  • Chan do Monte, 23
  • CEIP do Carballal
  • Tiro Naval Janer, 31
  • PO-551, 62

A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, destacou a importancia desta actuación: “A recollida selectiva do téxtil é unha obriga marcada pola normativa europea, pero tamén unha oportunidade para avanzar cara a un Marín máis sostible e comprometido co medio ambiente”.

Desde o Concello lembran que nos colectores poderase depositar roupa, calzado e outros téxtiles usados, sempre en bolsas pechadas, e fan un chamamento á colaboración cidadá para garantir o bo funcionamento do servizo.

“A implicación da veciñanza é clave. Separar correctamente os residuos é un pequeno xesto que ten un grande impacto”, concluíu a concelleira.

Anterior “Chicas Nuevas 24 horas” de Mabel Lozano achega a Marín a realidade da trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados