Nova Figura en Briz

Nova Figura en Briz

Briz segue sendo unha aposta firme do Concello de Marín e un referente nos parques de toda Galicia.
Hoxe presentouse unha nova figura de talla en madeira realizada polo artista e carpinteiro de Marín Santi Castro Soage, á que acudiu a Concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, acompañada dos responsables da fundación Juan XXIII.
O proxecto da talla de madeira en Briz, xurdiu no ano 2015, despois de ver a necesidade de eliminar especies invasoras, como as acacias, e aproveitar a madeira e sobre todo os tocóns que se deixaban e afeaban o entorno. De ahí que se pensara en reutilizar eses tocóns para facer figuras de madeira serviran como elementos decorativos.
O que comezou sendo unha idea, é hoxe unha realidade, que fai que as árbores, a pesar de ser invasoras, se lles de unha segunda vida.
A figura que hoxe se presentou é a número 16 e é unha preciosa ardilla, situada a poucos metros da lechuza realizada no mes de abril, ambas feitas en madeira de acacia negra.
A ardilla, segundo explicaba o autor, aínda que inicialmente pensaba que a remataría en tres semanas, finalmente foron algo máis de 4 pola complexidade dalgunhas partes da figura e das vetas da propia madeira.

O autor, Santi, ao igual que fixo coa lechuza e co trono adicado a Rosalía de Castro na Alameda, quixo adicar esta talla a unha persoa, neste caso a ardilla leva o nome de Sandra, unha rapaza marinense de 8 anos de idade, falecida por unha grave enfermidade fai 2 meses. A súa familia quixo estar presente no acto, para agradecer o detalle, xa que terán unha lembranza da súa filla, sempre que se acheguen a este parque.
Esta inauguración dou o pistoletazo de saída ao novo curso en Juan XXIII, e a Concelleira Marián Sanmartín, en representación do Concello quixo agradecer o gran traballo que a Fundación desenvolve non só en Briz, senón en cada camiño e en cada monte de Marín, e sobre todo destacou a figura do Responsable de Juan XXIII en Marín, Jose, que é o promotor da maioría das ideas e proxectos que se levan a cabo. A súa vez, o director da Fundación, Diego Chapela, tamén agradeceu ao Concello o darlles a oportunidade de formarse, de acoller sempre ben as iniciativas, e sobre todo, de seguir confiando en eles, permitindo que a día de hoxe 28 persoas con discapacidade estean traballando en Marín.

Anterior Actuación na Lagoa de Castiñeiras

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados