Nova Senda Peonil e Ciclista Bagüin-Seixo

Nova Senda Peonil e Ciclista Bagüin-Seixo

Na visita, o delegado territorial estivo acompañado da alcaldesa da localidade, María Ramallo, así como do xefe territorial de Infraestruturas e Mobilidade en Pontevedra, José Luis Díez e do o xefe da Axencia de Infraestruturas de Pontevedra, Fausto Núñez.

Este proxecto conta cun orzamento aproximado de 646.000 euros e permitirá enlazar os puntos quilométricos PO-2+900 e 3+700 da PO-551, entre a senda rematada xa en Bagüín e as beirarrúas do tramo urbano de Seixo.

As obras consistirán na execución pola marxe dereita desta estrada dunha senda de uso peonil e ciclista. O proxecto englóbase dentro das actuacións de “fomento da mobilidade sostible na comarca do Morrazo e concellos limítrofes” que está a desenvolver a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Executaranse dous tipos de sendas, unha en formigón composta por unha capa de 16 centímetros de pavimento cun ancho variable que presentará un mínimo de 1,80 metros, e unha senda en voladizo, xa que nun dos tramos non se dispón de terreo na marxe da calzada para executar a obra ao existir na actualidade un muro de contención de terras. A senda en voladizo estará apoiada sobre a propia plataforma da estrada e composta por unha lousa de formigón armado que se executará sobre lousas prefabricadas.

A maiores, executaranse varias actuacións complementarias como a construción de varios perpiaños en base de terraplén co obxectivo de reducir o movemento de terras; a ampliación da calzada no punto quilométrico 2+920 o que permitirá ampliar a plataforma no acceso a praia de Aguete, contribuíndo así a mellorar a seguridade viaria; e finalmente, a execución dun muro de perpiaño no extremo do terraplén, o acondicionamento da zona adxacente no punto quilométrico 3+655 co obxectivo de que se poida utilizar como nun lugar de estacionamento de vehículos, así como a reubicación dos contedores existentes.

Anterior Recuperación da Contorna na Rúa do Forte

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados