O Concello aposta pola mellora do acceso universal aos baños das instalacións municipais fronte á instalación de aseos públicos autolimpiables

O Concello aposta pola mellora do acceso universal aos baños das instalacións municipais fronte á instalación de aseos públicos autolimpiables

O Pleno da Corporación debatiu na sesión deste xoves a posibilidade de contar con aseos públicos autolimpiables para ofrecer este servizo á cidadanía. Sen enmargo, o voto do Goberno local foi en contra desta proposta porque a xestión e o bo funcionamento deste tipo de instalacións non soen ser a tónica habitual.

Tal e como explicou a concelleira Itziar Álvarez, “Marín xa contou en varias ocasións con aseos públicos, concretamente na zona do Paseo Alcalde Blanco, onde a moción propón habilitar un, ou na Finca de Briz ou incluso os das praias. A problemática coa que se atopa o Concello é con moita frecuencia de mala praxis, destrozos, roubos, ocupacións indebidas, etc… o que complica enormemente o mantemento das instalacións e mantelos nunhas condicións óptimas de hixiene”.

Desta forma, a opción escollida foi xestionar estos espazos en colaboración co local concesionado na zona, que dá acceso público aos mesmos no tempo no que está aberto o local. Este é o caso dos aseos da finca de Briz ou os aseos do Paseo Alcalde Blanco.

No caso dos aseos das praias a apertura e peche é realizada polo servizo de socorrismo. “Esta é a única maneira na que se consegue un control das

instalacións, xa que de non ser así os destrozos e roubos eran constantes”, engadiu Álvarez.

Baños inclusivos en todas as instalacións municipais

Aproveitando que se tratou este punto, o Goberno local reforzou o seu compromiso con conseguir a accesibilidade universal dos aseos en instalacións e concesións públicas a todas as persoas, para que sexan inclusivos, unha filosofía que xa se leva aplicando nos últimos anos.

“Seguiremos traballando para que de cada vez que se fagan obras de mellora nos espazos públicos (como se fixo, por exemplo, nos aseos do Patio Norte do Mercado de Abastos), poidan mellorarse tamén os aseos para persoas con mobilidade reducida ou con ostomías, destacando en este último caso a enorme importancia de contar coas asociacións de pacientes especializadas de cara a facer unha adaptación efectiva, que sexa realmente útil e cómoda e responda ás necesidades específícas das persoas que levan unha ostomía”, argumentou a concelleira. De feito, adiantou que neste caso do Mercado existe un proxecto para a reforma integral dos aseos e xa está solicitada a súa financiación.

Anterior Marín contará con dous Obradoiros Duais de Emprego sobre atención sociosanitaria e pesca

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados