O Concello aproba o PMA para a concorrencia a financiación europea

O Concello aproba o PMA para a concorrencia a financiación europea

05 maio 2022

O Concello de Marín vén de aprobar o seu Plan de de Medidas Antifraude (PMA), un documento necesario dentro das medidas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea a través dos Fondos Next Generation.

Este documento permite garantir e declarar que os fondos europeos correspondentes ao noso Concello foron utilizados de conformidade coas normas aplicables, en particular, no que se refire á prevención, detección e corrección do fraude, da corrupción e dos conflictos de interese.

O Concello de Marín non parte de cero no establecemento dunha loita contra o fraude, senón que xa desenvolveu unha no marco da estratexia DUSI, que inclúe a constitución dun equipo de autoavaliación de risco de fraude, a realización dun exercicio de avaliación de risco de fraude e a adopción dunha serie de medidas e compromisos na loita contra o fraude estruturadas a catro fases: prevención, detección, corrección e persecución.

O Comité de avaliación de risco de fraude foi constituido en 2017 e reuniuse en dúas ocasións, en 2019 e en 2022. Nestes dous encontros, o equipo non detectou riscos de fraude, polo que non foi necesario tomar ningún tipo de medida adicional.

Foi nesa reunión cando se aprobou a realización deste PMA, para así poder extrapolalo non só á DUSI, senón tamén a todas as convocatorias de fondos europeos ás que concurra o Concello. Este PMA pode consultarse no Portal de Transparencia, terá unha duración indefinida aínda que se revisará cada dous anos.

[button link=”http://concellodemarin.es/wp-content/uploads/2022/05/Resolución-de-aprobación-PMA-_-ASINADA.pdf” size=”large” color=”blue”]Resolución[/button]

[button link=”http://concellodemarin.es/wp-content/uploads/2022/05/PLAN-DE-MEDIDAS-ANTIFRAUDE-MARIN_APROBADO.pdf” size=”large” color=”blue”]Plan de medidas[/button]

Anterior O pintor Pedro Bueno chegará ao Museo Torres coa súa exposición “Restrospectivas”

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados