O Concello desvela os gañadores do XVI Premio de Narración Curta do Concello de Marín

O Concello desvela os gañadores do XVI Premio de Narración Curta do Concello de Marín

13 maio 2021
O XVI Premio de Narración Curta do Concello de Marín xa ten gañadores. A Concellaría de Cultura
informou esta mañá das persoas que recibirán os premios deste certame, que cada ano se celebra polo Día das Letras Galegas e que vai alternando narración curta e poesía nas súas edicións.

Este ano, o premio na categoría de adulto, que supón 1.000 euros de retribución, recaerá sobre a Alicia Rodríguez Massó, pola súa obra “A chamada”.

No ámbito infantil, no que se repartirán lotes de material escolar, a primeira categoría ten tres premiados. O primeiro premio será para Adriana Cambeiro Méndez, do CEP Sequelo, polo texto “O sombreiro”. O segundo premio recaerá no alumno tamén do Sequelo, Abel Garrido Dasilva, pola creación “O pequeno extraño”. O terceiro premio será para Iván Pazos Blanco, por “Pepiño”, alumno do San Narciso.

Na segunda categoría, o primeiro premio será para o alumno tamén do San Narciso, Doel Nogueira Veiga, pola obra “Todo o revés”. O segundo premio recaerá na estudante deste mesmo centro Noa López Giménez, por “O avó máxico”. Finalmente, o último premio desta categoría acabará nas mans de Álvaro Tomé Miguélez, do CEP Sequelo, polo seu texto titulado “O Misterio”.

A tercera categoría da modalidade de centros escolares pechouse só co primeiro premio, entregado a Zoe Martínez Riobó, do Sequelo, por “A protectora das palabras”.

Desde o Concello e o xurado, conformado pola escritora Fátima Álvarez González; o bibliotecario do Concello de Bueu, José Ramón Núñez, e a bibliotecaria do Concello de Cangas, María Pilar Refojo; valoraron moi positivamente a alta participación e o elevado nivel das propostas recibidas este ano.

Anterior Anta da Moura entrega ao Concello o inventario dos restos arqueolóxicos do Museo Manuel Torres

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados