O Concello habilitará un novo aparcadoiro disuasorio en Jaime Janer con capacidade para 50 prazas

O Concello habilitará un novo aparcadoiro disuasorio en Jaime Janer con capacidade para 50 prazas

A reordenación do espazo urbano para mellorar a coexistencia entre peóns e tráfico rodado é un dos eixos que vertebran a política do Goberno local, que nos últimos ano conseguiu habilitar 600 novas prazas de estacionamento nos diferentes aparcadoiros disuasorios que hai na contorna do centro urbano.

Esta mañá, os concelleiros Elisa Dopazo, Manuel Santos e Marián Sanmartín, acompañados polos técnicos municipais, visitaron as novas parcelas que se negociaron cos seus propietarios para crear nelas un novo aparcadoiro disuasorio, que suman outras novas 50 prazas ás 600 existentes.

Este novo aparcadoiro disuasorio está ubicado en Jaime Janer, 68, e ocupará dúas parcelas que ocupan un total de 1.000 metros cadrados. A súa cesión por parte dos propietarios vén despois das negociacións iniciadas polo Goberno local, que segue a procurar novos espazos que adicar a esta finalidade, co obxectivo de poñer a disposición da veciñanza prazas nas que deixar o vehículo que estean cerca do centro urbano.

Anterior As praias de Marín, un espazo seguro na época estival grazas ás medidas tomadas e á colaboración coa hostalaría

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados