O Concello incentiva a contratación de 17 persoas para desempeñar labores de peón e conserxería e como apoio a diversas áreas municipais

O Concello incentiva a contratación de 17 persoas para desempeñar labores de peón e conserxería e como apoio a diversas áreas municipais

10 abril 2021

O Concello de Marín informou  da recente contratación de 10 peóns e 3 conserxes, para reforzar a prestación de determinados labores a nivel municipal. Para esta contratación, o Concello solicitou á Deputación de Pontevedra unha subvención de 113.288,50 euros, con cargo á Liña 3 do Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos) do 2021, unha contía á que o Concello sumará unha porcentaxe de fondos propios.

Por outra banda, renováronse os contratos durante 6 meses máis a catro persoas que estaban en activo grazas ao programa O Teu Primeiro Emprego. Trátase de titulados medios e superiores que están a desenvolver funcións nas áreas municipais de Informática, Urbanismo, Tesourería e Persoal.

O Concello explica, ademais, que neste tipo de contratacións solicitarase a incorporación de persoas procedentes do RISGA, para que, aínda que estean cobrando esta prestación, poidan ter unha oportunidade laboral compatible.

 

 

Anterior A COVIÑA

2026 Concello de Marín. Todos los derechos reservados