O Concello renova 60 luminarias entre Xuncal e Igrexario

O Concello renova 60 luminarias entre Xuncal e Igrexario

A alcaldesa, María Ramallo, acompañado de varios concelleiros do Goberno local, acompañaron á veciñanza de Xuncal-Igrexario a comprobar o bo resultado da actuación levada a cabo polo Concello pola cal se instalaron 60 luminarias LED, das cales o 60% son novos puntos de luz e o 40% restante supuxo a sustitución das antigas.

Este proxecto de eficiencia enerxética, que entronca cos obxectivos de aforro enerxético e de coidado do medio ambiente, supón un avance moi importante para a seguridade e a comodidade da veciñanza da zona. A intención, tal e como recalcou o concelleiro Pablo Novas, “é seguir impulsando este tipo de proxectos, sobre todo naqueles núcleos que aínda tiñan unha instalación de alumeado público antiga”.

Ademais, neste caso, sumouse a integración de toda a iluminación da contorna da Igrexa e do atrio parroquial, poñendo en valor os elementos do patrimonio histórico da parroquia.

En total, investíronse cerca de 40.000 euros, que se suman ás inversións que se realizaron con anterioridade en Vilaseca-O Pazo e en Malvido.

Anterior A Mesa Local de Comercio fai balance das actividades de dinamización

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados