O Concello reúnese coas asociacións culturais para coordinar e apoiar a súa programación dos vindeiros meses

06 abril 2022

As concelleiras Beatriz Rodríguez e Itziar Álvarez mantiveron onte no Museo Municipal Manuel Torres unha reunión coas asociacións culturais da vila de cara ao reinicio da actividade pola relaxación das medidas restritivas da pandemia e a cercanía da época máis festiva do ano: a primaveira e o verán.

Entre outras cuestións, as edís trataron cos representantes das entidades a programación que teñen pensado levar a cabo de cara aos vindeiros meses, co obxectivo de coñecer as súas necesidades e poder axudalas para que as desenvolvan e sigan sendo “unha parte activa moi importante da dinamización da nosa vila, co apoio do Concello pero coa liberdade de programar os seus propios eventos”, declararon.

Ademais, falaron do Plan Cultural para o presente ano, que está a piques de ser aprobado, repasando cales son os requisitos que deben cumprirse para solicitar actuacións dentro do mesmo.

Por outra banda, dado que en dous anos cambiaron cousas nalgúns colectivos, aproveitouse para facer unha actualización dos directorios e así poder ter un rexistro actualizado das asociacións.

As entidades que estiveron presentes foron Airiños de S. Xulián, G.C. Ronsel, Ateneo Sta Cecilia, A.F. Fentos e Frouma, A.C. ocio e tempo libre Kalos, A.C. Coral Lembranzas, Amigos da Mazá e da Sidra, A.F. Pousos da Area, A.C. Amigos dos Rapaces, Irmandade Illa de Tambo, Club de Opinión Portocelo, Bolymar, A.C. Musimarin, A.c. Museo do Mar de Marín, Botón de Ancla, Picuiña, Os Chaneiros,
A.C. Carballido, Trompos Ós Pes, Intercambio do Saber e Gharaboto.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies