O Concello solicita á Axencia de Turismo de Galicia unha nova Caseta para a Praia de Loira

O Concello solicita á Axencia de Turismo de Galicia unha nova Caseta para a Praia de Loira

A Axencia de Turismo de Galicia convocou o pasado 5 de febreiro unha subvención, en réxime de concorrencia non competitiva, para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

O Concello de Marín acaba de tramitar a solicitude do “Proxecto para Reposición de casetas de salvamento con aseos accesibles” para a praia de Loira, xa que a caseta actual é de finais da década dos noventa. Trátase dunha construción prefabricada de madeira asentada sobre o propio areal, que se encontra conectada á rede de abastecemento e saneamento. Na actualidade o estado de conservación é moi deficiente debido ao esgotamento da vida útil dos materiais de construción empregados, resultando necesaria a reposición total do equipamento.

O custe total do equipamento ascende a case 45.000€, polo que se solicita a subvención do 90 % do custo total do proxecto, que ascende a 40.000€, dentro da liña 3 “Transición accesible e inclusiva para un turismo máis competitivo”.

A nova caseta prefabricada contará igualmente dunha zona destinada ao Salvamento, dotado de taquillas, vitrinas, lavabo, pileta lavapés, biombo, diván de recoñecemento, toldo extensible, etc. cunhas medidas de 3,6m de longo e 2,25m de ancho. O módulo de aseos será de medidas de 4,3m de longo e 2,25m de ancho, e estarán totalmente adaptados a persoas con mobilidade reducida con sistema de asas plegables en acero inoxidable.

Con esta nova instalación a Praia de Loira mellorará a súa imaxe e a prestación de servizos a veciños e usuarios da praia, pero sobre todo mellorará a súa accesibilidade.

Anterior Iniciadas as obras de Concepción Arenal

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados