O Concello substitúe toda a madeira da lagoa da Finca de Briz por estar en mal estado

O Concello substitúe toda a madeira da lagoa da Finca de Briz por estar en mal estado

O mal estado e o deterioro dos listóns de madeira situados na zona da lagoa da Finca de Briz obrigou ao Concello a retiralos. Os traballos de eliminación da madeira realizáronse durante a pasada semana.
Agora, botouse formigón en todo o espazo no que se retiraron os listóns e nos vindeiros días está previsto que rematen finalmente os traballos.
O Concello está inmerso na revalorización desta contorna, que consideran “única” para levar a cabo actividades de todo tipo, como é o caso do Samaín Briz, que encherá de cativos e familias a finca o día 31.
Por iso, e con perspectiva a que todo estea listo para o inverno e a primavera, leváronse a cabo estes traballos, que se suman aos que xa se fixeron o pasado mes no entorno do auditorio, onde tamén foron retirados os listóns de madeira.

Anterior A Biblioteca Vidal Pazos programa tres actividades infantís para celebrar o Día das Bibliotecas

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados