A Biblioteca Vidal Pazos programa tres actividades infantís para celebrar o Día das Bibliotecas

A Biblioteca Vidal Pazos programa tres actividades infantís para celebrar o Día das Bibliotecas

A concelleira Beatriz Rodríguez presentou esta mañá os actos que o Concello organizará polo Día das Bibliotecas, que se celebra o 24 de outubro. Serán tres actividades infantís, cas que se pretende incentivar o hábito lector entre os máis pequenos da casa e descubrirlles novas disciplinas artísticas.
Por unha banda, este sábado, 12 de outubro, a Biblioteca Vídela Pazos acollerá ás 12.00 horas a actividade “Cantos para a Igualdade”, a cargo del cantautor Manoele de Felisa, dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 9 anos, e na que o artista entoará versos cos que facer reflexionar aos cativos sobre a importancia da igualdade de xénero.
A seguinte cita será o sábado, 19 de outubro, cunha actuación de monicreques, que leva por título “Vida, crimes e prisión de Toribio Mañón”. Tamén será na Biblioteca Vidal Pazos ás 12.00 horas e estará interpretada pola compañía Viravolta Títeres. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 11 e 14 anos e nela se recrearán, utilizando as formas do teatro popular, as aventuras de “Toribio de Mañón”, un famoso bandoleiro galego de principios do século XX, nas que se inspirou o escritor Ramón María del Valle Inclán para escribir a súa obra “Las galas del difunto”.

Os monicreques tamén serán os protagonistas da última actividade da programación polo Día das Bibliotecas, que será o sábado 26 de outubro. A compañía Títeres Cachirulo interpretará na Vidal Pazos a partir das 12.00 horas o seu espectáculo “A cabeza do dragón”, para nenos e nenas de 4 a 11 anos. Esta obra conta unha historia baseada nunha lenda artúrica, na que o Rei Artur, tras un enfrontamento cun cabaleiro máxico, ten que resolver un enigma para salvar a súa vida.

Todas as actividades son gratuítas e non precisan de inscrición previa. A súa organización conta ca colaboración da Xunta de Galicia, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e o seu programa Ler Conta Moito.

Anterior O I Plan de Liderado e Empoderamento Feminino enche de mulleres as instalacións da Finca de Briz

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados