O I Plan de Liderado e Empoderamento Feminino enche de mulleres as instalacións da Finca de Briz

O I Plan de Liderado e Empoderamento Feminino enche de mulleres as instalacións da Finca de Briz

O Concello de Marín, a través do CIM, continúa cos obradoiros e actividades dirixidas ás mulleres da vila para loitar contra a desigualdade de xénero e mellorar a sensibilización, encadradas no seu I Plan de Liderado e Empoderamento Feminino.

A plataforma de teleformación para ensinar ás participantes competencias clave en igualdade xa ten as inscricións abertas desde a pasada semana. Hai dispoñibles 50 prazas, ás que aínda se pode acceder escribindo un correo a cim.marin@concellodemarin.es. Neste módulo formativo, que conta con 30 horas de duración, o persoal experto do CIM exporá os conceptos máis importantes en torno á igualdade de xénero e a súa situación actual a nivel social e xurídico na actualidade.

Ademais, desde o día 1 de outubro impártense en Briz os cursos de biodanza e musicoterapia e, co obxectivo de achegar estas actividades ás parroquias marinenses, impartíronse esta semana dous módulos de dúas horas cada un: un na Casa da Cultura de Seixo, sobre competencias e habilidades sociopersoais, e outro sobre igualdade na Casa da Cultura de Mogor.

A Concellaría de Benestar Social segue traballando no deseño de novos obradoiros e eventos que teñan como fío central a defensa da igualdade de xénero, desde unha perspectiva reflexiva e formativa e pensando especialmente nas mulleres do mu

Anterior O Concello e Afapo impulsan a implementación dun centro terapéutico en Briz para pacientes con Alzheimer

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados