Contacto | Tel.:986 88 03 00

O Consello Municipal da Muller comeza a preparar as accións coas que conmemorar o Día Contra a Violencia de Xénero

O Salón de Plenos do Concello acolleu  a reunión do Consello Municipal da Muller, presidida pola concelleira de Igualdade e Benestar Social, Marián Sanmartín, xunto coa concelleira Mónica Viqueira. No Consello tamén está presente o persoal técnico do departamento de Servizos Sociais do Concello, do CIM de Marín, así como representates das asociacións de mulleres ou con vocalía de muller e dos sindicatos e representantes dos partidos políticos da Corporación municipal.

O tema principal que se tratou na reunión, e que xa foi abordado recentemente na última Mesa de Traballo Contra a Violencia de Xénero, foi a próxima conmemoración do 25 de novembro. A crise sanitaria que estamos a vivir impactou especialmente nas mulleres. Esa será unha das ideas que vertebre a declaración institucional que se elaborará e á que se lle fixeron hoxe varias achegas.

Nesta declaración farase especial fincapé nas medidas de conciliación familiar e laboral, que afectan especialmente ás mulleres. Tamén se incluirá unha parte na que tratar a enorme problemática das mulleres prostituidas e vítimas da trata, que, como colectivos vulnerables, tamén están aínda máisafectadas pola situación que se está a vivir na actualidade.

En xeral, no Consello tamén se abordou como serán os actos o propio día 25N, xa que debido ás restricións sanitarias non será posible facelo como todos os anos. Deste xeito, acordouse que haberá un especial traballo cos centros educativos e realizarse algún tipo de acción de visibilización exterior, nas que se contará coas aportacións de mulleres vítimas de violencia de xénero.

Por outra banda, intensificaranse as accións de divulgación e concienciación a través dos medios telemáticos, especialmente as redes sociais.

Premios Lazo Violeta

Como todos os anos, a conmemoración do 25N na nosa vila leva parella a entrega dos Premios Lazo Violeta, outorgados a aquelas persoas ou institucións que traballan en prol da igualdade e especialmente contra a violencia de xénero.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies