O expediente de nomeamento como fillo predilecto de Blanco Freijeiro xa está dispoñible para consultar

7 outubro 2021

A concelleira de Cultura e instructora do expediente de nomeamento de Blanco Freijeiro como fillo predilecto, Beatriz Rodríguez, informou esta mañá do inicio do período da exposición pública deste expediente, que poderá ser consultado por toda a poboación marinense.

Para ler o contido do expendiente, abonda con entrar na Sede Electrónica (https://sede.concellodemarin.es/) e para facer algunha aportación, pódese facer a través do apartado Solicitude Xenérica.

O obxectivo é poder aprobar definitivamente o nomeamento no Pleno de novembro, antes de que se celebre unha nova edición das Xornadas Blanco Freijeiro, que servirán de marco para todos os actos e accións que se levarán a cabo para promocionar e alentar o nomeamento.

Esta iniciativa foi impulsada polo Club de Opinión Portocelo e apoiada por entidades sociais e culturais como o Ateneo Santa Cecilia, a Asociación para a Defensa da Ría (APDR), a Asociación Cultural Ronsel, o Colectivo Queremos Galego, a Asociación de Antiguos Alumnos do Instituto Laboral de Marín, a Asociación Cultural Evangélica Kalos, a Asociación Cultural Almuinha e a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica.

No expediente, anéxanse documentos coa biografía de Blanco Freijeiro, recabada da Academia de la Historia, na que se fala das súas distintas tapas universitarias e académicas e do seu labor como arqueólogo humanista. Ademais, achéganse distintos documentos culturais e de divulgación científica, manuais, traducións, premios, colaboracións, cargos, honras e recompilacións de comentarios e publicacións.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies