O Pleno da Corporación aproba nomear a Antonio Blanco Freijeiro como fillo predilecto de Marín

11 de novembro 2021

 O arqueólogo Antonio Blanco Freijeiro será nomeado como fillo predilecto da vila de Marín. Así se acordou esta tarde no Pleno da Corporación, celebrado no Concello, e que oficializa este trámite, despois da elaboración do expediente no que se recolleron os méritos e as razóns polas cales Blanco Freijeiro merece este distintivo.

A concelleira de Cultura e instructora do expediente, Beatriz Rodríguez, quixo agradecer tras o Pleno da Corporación ao Club de Opinión Portocelo a súa iniciativa, xa que foron a entidade promotora, así como ao resto do asociacionismo cultural marinense que non dubidou en sumarse a ela e brindarlle o seu apoio.

Despois desta oficialización do nomeamento, será a quenda das Xornadas que levan o seu nome, que se presentarán esta fin de semana e nas que participarán persoas moi vencelladas á figura do arqueólogo.

Pequena biografía de Antonio Blanco Freijeiro (Marín, 1923 – 1991)

De profesión, arqueólogo, Freijeiro estudou Filosofía e Letras nas Universidades de Santiago de Compostela e Madrid, doutorándose en Filoloxía Clásica por esta última universidade.

En 1947, viaxa a Oxford para ampliar os seus estudos cunha bolsa Conde de Cartaxena da Academia da Historia. Á súa volta a España, exerce como profesor adxunto de Arqueoloxía en Madrid. Posteriormente, recibe unha bolsa da Fundación Alexander Humboldt coa que estuda en Heidelberg e Bonn.

En 1959, ocupa a cátedra de Arqueoloxía, Epigrafía e Numástica da Universidade de Sevilla e é nomeado en 1966 vicedecano da Facultado de Filosofía e Letras. Foi tamén director da Academia Española en Roma de 1967 a 1969, ano no que volve a Sevilla.

En 1974, trasládase á Universidade Complutense de Madrid como catedrático de Arqueoloxía clásica. Desenvolve numerosos proxectos arqueolóxics e funda, xunto a Javier de Fouce, a revista científica Habis.

Membro do Instituto Arqueolóxico Alemán de Berlín e, desde 1977, da Academia da Historia, foi director xeral de excavacións e autor dun catálogo de escultura do Museo do Prado, realizado en 1957 con Manuel Lorente Junquera.

Neste vídeo realizado polo Concello por mor das Xornadas Blanco Freijeiro, pódense coñecer máis detalles da súa vida:

https://www.youtube.com/watch?v=SM4GLB4hxJ4

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies