O xurado do I Concurso de Decoración de Nadal do Concello establece os finalistas de cada categoría

O xurado do I Concurso de Decoración de Nadal do Concello establece os finalistas de cada categoría

O I Concurso de Decoración de Nadal xa rematou coas súas inscricións. Esta mañá, o xurado que se encargará de decidir os gañadores nas tres categorías mantivo unha primeira reunión de traballo, para facer un primeiro cribado coas fotografías enviadas polos participantes.

O xurado asegura que hai “un moi alto nivel en todas as categorías”, o que fixo difícil escoller aos finalistas de cada unha das categorías. As decoracións destes finalistas serán visitadas de xeito presencial polo xurado para poder despois facer un veredicto final e ditaminar quen son os gañadores ou gañadoras das distintas categorías.

Estas son as cifras de participación e de finalistas que quedan en cada categoría:

  • Vivendas unifamiliares: 26 candidaturas e 6 finalistas
  • Ventá e balcón: 23 candidaturas e 4 finalistas
  • Comunidades de veciños: 10 candidaturas e 6 finalistas
  • Hostalaría: 3 candidaturas, todas finalistas
  • Comercio: 42 candidaturas e 10 finalistas

O fallo do xurado poderá coñecerse o 28 de decembro. O Concello quere agradecer a todos os participantes a súa colaboración nesta iniciativa, coa que se quixo englobar a todos os sectores da sociedade para crear ese ambiente de Nadal que tanto precisamos este ano.

 

 

Anterior O CIM de Marín fai balance da súa actividade durante o 2020

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados