Os cemiterios de Marín, preparados para a celebración do Día de Defuntos
Cemiterio de Marín

Os cemiterios de Marín, preparados para a celebración do Día de Defuntos

Marín, 31 outubro 2025

O Concello de Marín informa de que os cemiterios municipais están xa totalmente acondicionados para a conmemoración mañá do Día de Defuntos. Nas últimas semanas, os servizos municipais levaron a cabo labores de limpeza, mantemento e mellora nos distintos nos camposantos da Raña, O Campo e Ardán, co obxectivo de que veciños e visitantes poidan render homenaxe aos seus seres queridos nas mellores condicións.

Ademais, hoxe moitas familias adicábanse á limpieza de nichos e lápidas e á colocación de flores, ás que desde o Concello agradecemos enormemente a colaboración no mantemento do ornato dos cemiterios.

A alcaldesa, María Ramallo, destacou que “estas datas son moi importantes para as familias marinenses, e por iso desde o Concello traballamos cada ano para que os cemiterios estean en perfecto estado e ofrezan un entorno coidado e digno”.

O Concello de Marín agradece a colaboración da cidadanía e solicita que se respecten as normas de convivencia neste día de especial afluencia.

Anterior O Concello de Marín solicitará á Deputación de Pontevedra unha axuda do Plan Extra para crear unha senda peonil segura e accesible en Ardán

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados