Os recursos hidráulicos do Concello, obxecto de limpeza de maleza

Os recursos hidráulicos do Concello, obxecto de limpeza de maleza

O Concello de Marín está levando a cabo os traballos de limpeza das marxes e dos fondos dos recursos hidrográficos do municipio, coa fin de mantelos en bo estado, libres de maleza e de especies invasoras, que poidan romper o equilibrio dos ecosistemas fluviais.
A pasada semana, rematáronse estas labores no río Lameira e agora se está levando a cabo estes traballos nos seguintes regatos:
• Río Lameiriña, desde Ponte Zapal á ponte de Coirados, incluíndo o rego que pasa por detrás do CEP Sequelo
• Río da Moita, desde a ponte do Camiño do Peso ata o entronque coa rúa Inferniño
• Río Cachadiñas, desde a ponte de Cadrelo ata a última mina en Pastoriza
• Río Casás, desde a Praia do Santo ata debaixo da ponte da estrada xeral que une Marín con Bueu
Para facer estas actuacións, o Concello conta coa autorización de Augas de Galicia, organismo do que depende o control do mantemento destes recursos naturais nos concellos galegos.

Anterior A Federación Galega de Tenis de Mesa presenta no San Narciso a oferta desta disciplina nas Escolas Deportivas

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados